Un ano máis —e xa van 12 edicións!— abrimos a inscrición para o CAMPAMENTO TARRÍO VERÁN 2025, un campamento multideportivo con moito máis que deporte, organizado polo Clube Xoga e Aprende en colaboración coa ANPA do CEIP Tarrío, o propio CEIP Tarrío e o Clube Deportivo Balonmán Culleredo.
Este campamento, que xa é unha tradición no verán do noso concello, é un auténtico campamento “urban” en contorna rural, onde o medio natural e o deporte conviven para crear unha experiencia inesquecible para os máis pequenos.
🧒👧 Está dirixido a rapazada desde os primeiros cursos de Educación Infantil ata 6º de Primaria.
📌 Información importante:
-
Os prezos mantéñense iguais aos do ano pasado.
-
Podes consultar toda a información no documento adxunto.
-
Xa está dispoñible a Ficha de Inscrición Online, que podes cubrir directamente desde aquí:
👉 Enlace á ficha de inscrición
🌞 Agardamos ás vosas crianzas en Tarrío este verán para compartir risas, xogos e moita actividade ao aire libre. Non deixedes pasar a oportunidade de que formen parte desta nova edición!

