Chegan as xornadas de portas abertas da A.D. Culleredo!

23 de Maio de 2025

Admin

A Asociación Deportiva Culleredo organiza varias xornadas de portas abertas este mes de xuño para que rapaces e rapazas poidan coñecer o club e animarse a formar parte del.

Estas sesións están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos, organizadas por categorías de idade, e desenvolveranse no Campo Municipal de Tarrío (Rúa Paxariñas).

Calendario das xornadas abertas segundo a categoría:

Prebenxamíns (5 a 7 anos), Benxamíns (8-9 anos) e Alevíns (10-11 anos):

  • Martes 3 e 10 de xuño, de 16:30 a 18:00 h

  • Venres 6 e 13 de xuño, de 16:30 a 18:30 h

Infantís (12-13 anos):

  • Martes 3 de xuño, de 18:00 a 19:30 h

  • Venres 6 de xuño, de 18:00 a 19:30 h

Cadetes (14-15 anos):

  • Martes 3 de xuño, de 19:00 a 20:30 h

  • Xoves 5 de xuño, de 19:00 a 20:30 h

Desde o club animan a todas as familias a achegarse e descubrir o proxecto deportivo, os adestradores e o ambiente que se vive no día a día.

Máis información e contacto:
📩 asociaciondeportivaculleredo@gmail.com
📱 Instagram: @adculleredo

Unha boa oportunidade para iniciarse no deporte!

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fora destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.