A nosa AMPA constituíuse o 18 de xuño de 1977, baixo o nome de “ANPA Rosalía de Castro”

Para que sirve a ANPA?

  • Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
  • Promover actividades formativas, lúdicas e culturais.
  • Promover a participación dos país-nais de alumn@s na xestión do Centro.
  • Estimular a participación dos país-nais na programación xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente.
  • Promover reunións de colaboración dos país-nais con profesores e as boas relacións entre ambos.
  • Requerir ós poderes públicos o cumplimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación.

Como funcionamos?

Por medio dunha Xunta Directiva que ten que ser designada e revocada por unha Asemblea Xeral e cuios cargos son gratuitos.

Como nos financiamos?

  • A través das cuotas d@s soci@s.
  • Da venda de rifas, participacións…
  • Das subvencións de Entidades públicas.

Que proxectos temos?

  • Darlle continuidade ás actividades.
  • Colaborar co Centro tanto económica como voluntariamente en aquelo que precise e que esté dentro das nosas posiblidades.
  • Planificar as actividades lúdico-deportivas necesarias para o desenvolvemento humán, social e persoal d@s nen@s ao través de accións imaxinativas, didácticas, culturáis, formativas e de lecer.

Vivimos nun contexto cultural definido polo que compre non só darlle visibilidade ós seus elementos (festas populares, tradicións, idioma, costumes,…) senón tamén coñecelos e reivindicalos como parte do noso patrimonio e da nosa idiosincrasia.

  • Potenciar a relación e cooperación con Centro.

Como Conseguilo?

  • Coa túa implicación económica ( é importante facerse soci@).
  • Co teu apoio puntual cando o precisemos.
  • Coas túas aportacións en debates, asembleas ou a través da páxina web.
  • Coa túa participación en diversas actividades que organicemos en datas sinaladas.

Xunta Directiva

Ana Belén Carbón

Presidenta

Mª José Rodríguez

Vicepresidenta

Esther Árcos

Secretaria

Lorena Longueira

Tesoureira

Daiane Valentim

Voceira

Vanesa Viña

Voceira

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fora destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.