Formación para familias: Comprendendo e acompañando a adolescencia

5 de Novembro de 2026

Admin

Compartimos información sobre a formación «Comprendendo e acompañando a adolescencia», unha actividade dirixida a familias con rapazada de 5º de Primaria a 4º da ESO de centros educativos públicos.

A sesión ofrecerá ferramentas para comprender mellor os cambios propios desta etapa, acompañar a rapazada desde o respecto e afrontar os retos do día a día con máis recursos.

Información da actividade

  • Data: sábado, 14 de novembro de 2026.
  • Horario: de 09:30 a 13:30 h.
  • Lugar: Centro Ágora, aula 9. R/ Lugar da Gramela, 17, A Coruña.
  • Destinatarios: familias con rapazada de 5º de Primaria a 4º da ESO.

Contidos da formación

Abordaranse os cambios físicos e neurolóxicos da adolescencia, as necesidades desta etapa, a importancia do vínculo familiar, o desenvolvemento da autonomía e as ferramentas para acompañar desde o respecto.

A formación estará impartida por Jacobo Mosquera Martínez, educador social, e Lorena Cotelo Cobelo, terapeuta ocupacional pediátrica.

Inscricións: a través do código QR que aparece no cartel informativo.

Esta actividade está promovida pola Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña e o Concello da Coruña.

Desde a ANPA Tarrío compartimos esta información por se resulta de interese para as familias do centro.

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fora destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.