A Feira da Ciencia volverá encher o paseo marítimo de Culleredo o 6 de xuño

28 de Maio de 2026

Admin

A explanada do paseo marítimo de Culleredo converterase un ano máis nun gran espazo de divulgación científica coa celebración dunha nova edición da Feira da Ciencia, organizada polo Club de Ciencia do colexio Ría do Burgo coa colaboración do Concello de Culleredo, o Centro de Formación e Recursos da Coruña, o CETIM e M.Distribuciones.

O evento celebrarase o sábado 6 de xuño, entre as 12:00 e as 20:00 horas, reunindo a colexios, institutos, universidades, asociacións, empresas e entidades vinculadas ao ámbito científico e tecnolóxico.

Ao longo da xornada, o público asistente poderá achegarse a numerosos postos nos que se realizarán experimentos, demostracións e actividades participativas pensadas para todos os públicos. A feira busca achegar a ciencia dun xeito práctico, próximo e divertido, permitindo que nenos, nenas e persoas adultas poidan experimentar e participar activamente.

Estudantes e investigadoras/es de diferentes idades presentarán proxectos relacionados coa tecnoloxía, a innovación e distintas ramas científicas, convertendo o paseo marítimo nun punto de encontro arredor do coñecemento e da curiosidade.

Desde a organización destacan a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o interese pola ciencia entre a mocidade e promover actividades educativas e familiares no municipio.

A entrada será libre durante toda a xornada.

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fora destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.