O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Campamento de Nadal, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.
O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos matriculados en Educación Infantil e Primaria.
Información do campamento
- Datas: do 22 de decembro de 2026 ao 8 de xaneiro de 2027, ambos incluídos.
- Lugar: CEIP P. Vila de Rutis.
- Inicio do prazo de solicitudes: luns 23 de novembro, ás 09:00 horas.
- Servizos opcionais: almorzo (de 07:30 a 09:00 h) e xantar (de 14:00 a 16:00 h).
Solicitudes e documentación
As familias interesadas poden consultar toda a información sobre o campamento, as condicións de participación e a documentación necesaria na seguinte ligazón:
Consultar información e solicitudes do Campamento de Nadal
Tamén podedes descargar os formularios necesarios para realizar a solicitude:
- Ficha de solicitude do Campamento de Nadal 2026/2027.
- Declaración responsable e autorización para a recollida de menores.
Desde a ANPA Tarrío compartimos esta información para que todas as familias interesadas poidan coñecer a iniciativa e realizar a súa solicitude dentro do prazo establecido.

