Campamento de Nadal 24/25

22 de Novembro de 2024

Admin

Como todos os anos, a Área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá pon en marcha o Campamento de Nadal para facilitar ás familias de Culleredo a conciliación da vida familiar e laboral durante o período non lectivo de Nadal.

O campamento está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos matriculados en Educación Infantil e Primaria. Celebrarase durante os días 23, 24, 26, 27 30 e 31 de decembro de 2024 e mais os días 2, 3 e 7 de xaneiro do 2025.

O inicio do proceso de solicitude de praza será o vindeiro luns 25 de novembro.  A solicitude farase, como é habitual, a través de formulario.

Podedes consultar toda a información deste campamento, así como acceder ao citado formulario, na seguinte ligazón:

CAMPAMENTO DE NADAL: ARCHEOLOGY GATE

FOLLETO

Organiza: Concello de Culleredo.

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fora destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.