Un ano máis (e xa van 13 edicións), ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Tarrío Verán 2026, un campamento multideportivo organizado polo Clube Xoga e Aprende en colaboración coa ANPA do CEIP Tarrío, o propio centro e o Clube Balonmán Culleredo.
Trátase dun campamento de carácter “urbano” en contorna rural, moi vinculado ao medio natural e á práctica deportiva, dirixido a nenos e nenas dende educación infantil ata 6º de primaria.
📅 Datas e funcionamento
- Do 29 de xuño ao 4 de setembro de 2026
- Participación por semanas (luns a venres)
- Horario base:
- Entrada: 09:15
- Saída: 14:30
- Servizos opcionais:
- Almorzo dende as 07:30
- Comida ata as 16:00 (con mínimo de participantes)
👦 Idades: De 3 a 12 anos (grupos organizados por idades)
📍 Lugar: CEIP Tarrío
📩 Contacto: campamentotarrio@gmail.com
👉🏼 Consulta o programa completo
⚽ Actividades
- Xogos deportivos e predeportivos
- Actividades de animación e psicomotricidade
- Talleres campamentais
- Xogos ao aire libre e saída ao medio natural
- Iniciación a primeiros auxilios
📝 Inscrición
- Prazo: do 28 de abril ao 26 de maio de 2026
- A través da ficha online ( ligazón dispoñible no cartel)
- Prazas limitadas (máx. 50 participantes, por orde de inscrición)

