A Asociación Deportiva Culleredo organiza varias xornadas de portas abertas este mes de xuño para que rapaces e rapazas poidan coñecer o club e animarse a formar parte del.
Estas sesións están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos, organizadas por categorías de idade, e desenvolveranse no Campo Municipal de Tarrío (Rúa Paxariñas).
Calendario das xornadas abertas segundo a categoría:
Prebenxamíns (5 a 7 anos), Benxamíns (8-9 anos) e Alevíns (10-11 anos):
-
Martes 3 e 10 de xuño, de 16:30 a 18:00 h
-
Venres 6 e 13 de xuño, de 16:30 a 18:30 h
Infantís (12-13 anos):
-
Martes 3 de xuño, de 18:00 a 19:30 h
-
Venres 6 de xuño, de 18:00 a 19:30 h
Cadetes (14-15 anos):
-
Martes 3 de xuño, de 19:00 a 20:30 h
-
Xoves 5 de xuño, de 19:00 a 20:30 h
Desde o club animan a todas as familias a achegarse e descubrir o proxecto deportivo, os adestradores e o ambiente que se vive no día a día.
Máis información e contacto:
📩 asociaciondeportivaculleredo@gmail.com
📱 Instagram: @adculleredo
Unha boa oportunidade para iniciarse no deporte!

