MANIFESTO EN DEFENSA DA ESCOLA PÚBLICA

4 de Marzo de 2026

Admin

A CORUÑA 28 DE FEBREIRO 2026

MANIFESTO EN DEFENSA DA ESCOLA PÚBLICA

Hoxe estamos aquí porque a educación pública non se defende soa.

Este manifesto nace do traballo voluntario, rigoroso e comprometido das ANPA e AFA dos centros públicos da provincia da Coruña.

Nace das familias organizadas, das comunidades educativas que viven día a día a realidade das escolas e institutos.

Nace da experiencia directa, da escoita activa e da responsabilidade colectiva.

Estamos unidas e unidos porque sabemos algo moi claro: cando as familias se organizan, a escola pública faise máis forte.

Defendemos unha educación pública:

  • de calidade
  • con infraestruturas dignas
  • con profesorado suficiente
  • para todas as nenas e nenos, vivan onde vivan

As ANPA e AFA asumimos unha carga organizativa enorme, moitas veces moi por riba das nosas obrigas formais.

Facémolo por compromiso coa educación pública, pero tamén porque as respostas estruturais non están chegando.

Porque as carencias existen.

Porque os problemas son reais.

E porque o benestar do alumnado está en xogo.

A defensa da escola pública é unha responsabilidade compartida. Require diálogo, planificación e, sobre todo, vontade política. Xusto o que non estamos a ver.

E o que estamos a dicir é claro.

Os centros públicos da nosa provincia —urbanos, periurbanos e rurais— comparten as mesmas necesidades urxentes:

  • Falta de persoal docente e non docente
  • Insuficiente atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
  • Deficiencias en mantemento, infraestruturas e accesibilidade
  • Problemas de limpeza e seguridade

Non son casos illados.

Non son percepcións esaxeradas.

Son realidades repetidas, coincidentes e sostidas no tempo en centros moi diferentes entre si. Isto non vai de estatísticas frías.

Vai de nenas e nenos que precisan apoio e non o teñen.

Vai de profesionais desbordados.

Vai de familias que ven como se deterioran as condicións educativas mentres as solucións se aprazan.

E nós dicimos alto e claro:

  • As crianzas non poden seguir esperando.
  • Os centros non poden seguir sosténdose só ca vontade das familias.
  • A educación pública precisa medidas reais, recursos suficientes e compromisos firmes.

Este manifesto non é un ataque.

É unha achega construtiva.

É unha chamada á responsabilidade.

É unha esixencia lexítima para garantir dereitos fundamentáis.

Porque defender a escola pública é defender a igualdade de oportunidades.

É defender o futuro.

É defender a xustiza social.

Hoxe mobilizámonos para dicir que a educación pública é unha prioridade, non un gasto.

Que investir en educación é investir en sociedade.

E que non imos calar mentres as necesidades sigan sen resposta.

  • Pola escola pública
  • Pola igualdade
  • Polas nosas crianzas

Seguiremos organizadas. Seguiremos esixindo. Seguiremos defendendo o que é de todas e todos.

Descargar o manifesto

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fora destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.