A cooperativa Somos Conexión organiza o vindeiro mércores 14 de outubro, de 17:30 a 18:30 horas, un obradoiro gratuíto en liña dirixido ás familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos e ao profesorado de Educación Infantil.
Baixo o título «Despantállame: para criar sen pantallas», esta actividade ten como obxectivo concienciar sobre os efectos do uso das pantallas durante a primeira infancia e ofrecer estratexias e recursos prácticos para reducir ao máximo a súa presenza no ámbito familiar.
O obradoiro será impartido polo equipo do Programa Cafè de CIPAIS (Centro de Intervención Psicolóxica, Análise e Intervención Social), especializado na prevención e no acompañamento no uso das pantallas durante a infancia e a adolescencia.
A sesión desenvolverase a través da plataforma Zoom e estará relacionada cos contidos da guía Despantállame, un recurso que as familias poden consultar e descargar de balde.
Información do obradoiro:
- Data: mércores 14 de outubro de 2026.
- Horario: de 17:30 a 18:30 horas.
- Modalidade: en liña, a través de Zoom.
- Destinatarios: familias con menores de 0 a 6 anos e profesorado de Educación Infantil.
- Inscrición: gratuíta, con prazas limitadas.
- Prazo de inscrición: ata o 13 de outubro.
As persoas interesadas poden consultar toda a información e formalizar a súa inscrición na seguinte ligazón:
Información e inscricións no obradoiro
Tamén está dispoñible para a súa descarga a guía Despantállame de 0 a 6 anos.

