Manifestación 28 de febreiro: Por un ensino público digno e de calidade

16 de Febreiro de 2026

Admin

O 28 de febreiro mobilizámonos en A Coruña para defender a escola pública.

📍 Saída: Praza de Ourense
🕚 11:00 h
➡️ Ata o Paseo do Parrote

A situación actual é preocupante:

  • Aulas masificadas con ratios excesivas.

  • Profesorado sobrecargado e falta de recursos.

  • Escaseza de especialistas e persoal de apoio.

  • Atención insuficiente ao alumnado con NEE e NEAE.

  • Instalacións avellentadas e problemas de mantemento, limpeza e accesibilidade.

Esta realidade non garante unha educación inclusiva nin de calidade. As familias e o profesorado están asumindo responsabilidades que corresponden ás administracións.

Non pedimos privilexios. Esiximos dereitos.
A educación pública é futuro.

Vémonos na rúa.

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Fora destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero desactivar algunhas destas cookies pode afectar a túa experiencia de navegación.