O próximo 28 de novembro, a Fundación INGADA, coa colaboración da Fundación María José Jove, organiza na Coruña unha xornada dedicada ao TDAH na adolescencia, baixo o título «Que respostas me gustaría ter tido?».
A adolescencia é unha etapa de numerosos cambios e desafíos, que poden resultar especialmente complexos para os mozos e mozas con TDAH e as súas familias.
Durante a xornada abordaranse cuestións como o diagnóstico tardío, a transición da atención pediátrica aos servizos de saúde mental, as particularidades desta etapa e o papel fundamental da familia no acompañamento dos adolescentes.

O encontro contará coa participación de profesionais especializados e ofrecerá tamén un espazo de diálogo no que os propios adolescentes poderán formular as súas preguntas e compartir as súas inquietudes.
Unha oportunidade para comprender mellor o TDAH na adolescencia, resolver dúbidas e favorecer o acompañamento das familias.
Información da xornada
- Data: 28 de novembro
- Horario: de 10:00 a 14:00 h
- Lugar: Fundación María José Jove
- Enderezo: rúa Galileo Galilei, 6, A Coruña

